“Azos de Esguello

61

Lugar: Teatro Principal

Hora: 21 h.

Entrada: libre ata completar aforo

Inspirada no texto de Euloxio Ruibal, e adapatada e dirixida por Arturo López, chega a Pontevedra esta estrea absoluta da que Espello Cóncavo vos quere facer partícipes. Hai pouco a compañía representou na nosa cidade a súa obra “Tres no Bambám”.

Don Galisindo, indiano procendente da Arxentina, instálase na Galicia que comeza a andaina autonómica. Nun país no que burbullean as primeiras formas democráticas, Don Galisindo comeza unha irresistible ascensión económica, social e política. Todo vale para acadar os seus obxectivos: corrupción, chantaxe, extorsión. Nada se respeta, nen sequera a vida humana. A historia de Don Galisindo é un claro exemplo de como se pode chegar a un estado de cousas tan inxusto como o que está a caer sobre as clases medias e baixas do noso país, produto de determinados entes económicos e políticos.