ENTROIDO PONTEVEDRA 2013

84

 

A celebración do carnaval, implica unha serie de incidencias que afectan á mobilidade de vehículos en distintas rúas da cidade.

 

Prohíbese estacionar o sábado 9 de febreiro a partir das 8 horas na rúa Xosé Malvar, e a partir das 12 horas na rúa Loureiro Crespo e Benito Corbal.

O sábado 9 de febreiro de 2013 a partir das 15:30 horas procederase ao corte da rúa Xosé Malvar. Sobre as 16:30 horas cortaranse á circulación o resto das vías: Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda e Echegarai.

A apertura das rúas está prevista para as 20:00 horas.