“Polas Costas”, exposición de Borja Mucientes

44

Lugar: Galería Sargadelos

Horario: de luns a venres, de 09:30 a 13:30 h. e de 16:30 a 20 h. Sábados, de 10 a 13:30 h.

Exposición de fotografías "Polas Costas". Baixo este titulo o autor, Borja Mucientes, fotógrafo e cineasta Galego afincado en Londres non só pretende darlle un nome á exposición, senón que dalgún xeito tamén retratar a forma na que foron tomadas; coma se dun pistoleiro se tratase, disparando para atrapar momentos cuxos retratados involuntariamente pasan a formar parte dunha historia da que non son conscientes.

Cando se lle pregunta a Borja Mucientes por cales foron as súas motivacións á hora de realizar a serie, di que pretendia buscar respostas ás súas inquietudes e sensacións sobre o comportamento do ser humano como ente social.

A serie de fotográfica consta de máis 100 copias, das cales se poderán ver unha pequena mostra durante todo o mes de febreiro na Galería Sargadeos de Pontevedra.