XVIII Concurso da Filloa

57

Lugar: Vialia Estación de Pontevedra

Hora: 15:30 h.

Como en anos anteriores, o obxectivo é ofrecer un aliciente aos cidadáns de Pontevedra e bisbarra, animándoos a cociñar, degustar e valorar unha das sobremesas máis típicas e representativas da gastronomía galega. Así mesmo, preténdese incrementar a afluencia ao Centro, e por conseguinte mellorar os ingresos das nosas tendas.

Haberá un único Concurso, dirixido a toda persoa sen limite de idade que queira participar. Terán que presentar un mínimo de filloas modalidade libre. O horario de presentación das filloas, será de 15:30 a 16:30 h.

As inscricións, poderanse realizar en Radio Voz de Pontevedra dende unha semana antes e no propia Estación Vialia a partir das 15:30 h. do día 12.

Haberá importantes premios, á calidade da Filloa e á súa presentación. Os premios para os gañadores, serán en metálico e regalos diversos. Todos os participantes terán un obsequio seguro.