Aberto aos condutores o estacionamento provisorio na entrada de Monte Porreiro

67

Dende onte pola tarde xa está aberto o estacionamento provisorio que o Concello habilitou nunha parcela na entrada de Monte Porreiro dende a avenida de Bos Aires, fronte a rotonda de entrada á ponte que une o barrio coa parroquia de Lérez.
Esta parcela foi acondicionada cun tratamento brando, achegando xabre para unificar o firme que tiña moitas pucharcas e entullos. Tamén se talou unha acacia que había na parcela que tiña perigo de caída.
Melloráronse as entrada e saída ao estacionamento provisorio que é moi empregado, cada día, por residentes e visitantes do barrio de Monte Porreiro.
Esta parcela municipal foi cedida á Igrexa católica que finalmente non construíu aí o templo e, polo tanto, reintegrada ao patrimonio municipal. Nos últimos tempos xa estaba sendo empregada como zona de estacionamento, pero con carácter indiscriminado.