Cinco novas motocicletas para a Policía Local

79

A Concellaría de Protección Cidadá presentou esta mañá cinco novas motocicletas que renovan o parque móbil da Policía Local de Pontevedra. Trátase de tres scooter e dúas motocicletas de cilindrada que fan que o parque de motocicletas da Policía chegue ás 23 unidades.
Na actualidade a Policía Local dispón de 15 turismos (4 turismos, 2 furgonetas-equipo de atestados- e 9 vehículos policiais). Ademais, de 23 motocicletas de distintas ciclindradas.
A concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, xunto ao intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle fixeron esta presentación fronte á Casa Consistorial. Resaltaron a importancia de manter un parque móbil en boas condicións para prestar o mellor servizo e que con estas novas dotacións o parque móbil da Policía Local está suficientemente dimensionado para as necesidades actuais.