Curso de “Compostaxe na casa” en Santa María de Xeve

69

O Centro social de Santa María de Xeve acollerá mañá pola tarde, e o xoves pola tarde un curso sobre “A compostaxe na casa” que organiza a Concellaría de Consumo, en colaboración coa concellaría delegada da parroquia de Santa María de Xeve, que xestiona Miguel Filgueira.
O curso, aberto a todos os veciños, impartirase de 20.00 a 22.00 horas. E responde a unha demanda dos veciños da parroquia que solicitaban formación para este tipo de prácticas de reciclaxe de residuos orgánicos.