Pontevedra, estrea absoluta de Azos de esguello

29

A compañía teatral Espello Cóncavo, que hai pouco estivera en Pontevedra co seu espectáculo “Tres no Bambán”, escolleou a nosa cidade para a estrea do seu último traballo “Azos de Esguello”. Del poderán disfrutar gratuítamente máis de 200 rapaces de centros escolares que acudirán mañá, 31 de xaneiro e pasado, ás 11:30 ao Teatro Principal, e o público en xeral na función do venres 1 ás 21:00 horas.
A obra, baseada no texto de Euloxio Ruibal está adaptada e dirixida por Artúro López, que tamén forma parto do elenco xunto a Fernando Morán, César Cambeiro, Isabel de Toro, Xabier Pan, Teresa Horro, Noemi Miranda, e Marita Martínez. 
O protagonista, Don Galisindo, indiano procendente da Arxentina, instálase na Galicia que comeza a andaina autonómica. Nun país no que burbullean as primeiras formas democráticas, Don Galisindo comeza unha irresistible ascensión económica, social e política. Todo vale para acadar os seus obxectivos: corrupción, chantaxe, extorsión. Nada se respeta, nen sequera a vida humana. Un claro exemplo de como se pode chegar a un estado de cousas tan inxusto como o que está a caer sobre as clases medias e baixas do noso país, produto de determinados entes económicos e políticos.