Pontevedra exporá en Bruxelas o seu modelo de cidade

66

O alcalde de Pontevedra cursou sendos convites á ministra de Fomento, ao conselleiro de Infraestruturas e o presidente da Deputación por si quixeran acompañar á delegación pontevedresa que mañá se trasladará a Bruxelas para recoller o premio europeo Intermodes polo modelo de cidade.

A delegación pontevedresa acudirá á Bruxelas cunha publicación específica en inglés que será repartida entre o público asistente ao congreso, así como un vídeo no que se resume a cidade de Pontevedra e o seu modelo urbano.

Neste congreso tamén participará nunha mesa redonda xunto a representantes do Gran  París e de Amsterdan, o Concello de Pontevedra. Será o Intendente Principal da Policía Local o encargado de impartir esta conferencia sobre o modelo urbano da cidade.

Adxúntase o programa do congreso e a argumentación de Intermodes para concederlle o premio ao Concello de Pontevedra, o único outorgado a un organismo español.

Ver documento PDF
Ver documento PDF