A Casa Azul e oito asociacións locais poñen en marcha o proxecto Hedra

84

A Concellaría de Benestar Social Municipal, que xestiona Carmen Fouces, asina esta mañá varios protocolos de emprego de espazos da Casa Azul con oito asociacións e colectivos locais que teñen as súas sedes en espazos desta “casa aberta”. A este proxecto, a Concellaría de Benestar Social Municipal chamouno Hedra, porque o que pretende é darlle vida e encher de actividade a Casa Azul dándolle entrada a entidades e colectivos que traballan no eido social no municipio tecendo sinerxias entre a administración e as asociacións, creando unha hedra en beneficio da cohesión social do concello.
Neste protocolo, a Casa Azul achegará os seus recursos a estas entidades. Basicamente un local social así como o emprego das instalacións para as necesidades das asociacións. Pola súa banda, os colectivos estarán obrigados a realizar actividades abertas á cidadanía dende as instalacións da Casa Azul: charlas informativas, ciclos de proxeccións, fomento e formación en lingua de signos, campañas de sensibilización, atención persoalizada para a axuda e orientación á poboacón en xeral, cursos monográficos,… As propostas das asociacións, aínda por pechar, formarán parte da programación anual da Casa Azul.

Forman parte do proxecto Hedra:
• CAF (Colectivo de afectados de fibromialxia e fatiga crónica)
• Asociación galega de lupus
• Grupo Peregrino. Alcólicos anónimos
• Manaia, Asociación galega de axuda á adopción
• Federación de Asociacións de Xordos de Galicia
• Asociación cultural Trepia
• Asociación cultural Black Box Project (adícase ao entrenamento de baile breakdance e Bboying
• Asociación de veciños Santa María