Accesibilidade peonil e tráfico residencial para os veciños da Gándara, en Lérez

57

O concelleiro coordinador do rural, Demetrio Gómez e a concelleira delegada da parroquia de Lérez, Pilar Comesaña manteñen esta tarde, a partir das 20.30 horas, na Casa da Cultura de Lérez unha reunión co Consello parroquial e os veciños da Gándara para propoñer melloras nesta parte da parroquia.
Unha das prioridades do Concello é pór en valor do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. Os concelleiros queren propoñer aos veciños melloras de actuación para esta zona, pero consensuadas cos veciños e residentes do lugar.
O Concello aposta por melloras de accesibilidade peonil; por integrar a Xunqueira da Gándara –como a denominan os veciños- dentro da Xunqueira do Rons; e aposta por restrinxir o tráfico aos veciños da zona. Esto non quere dicir que se vaia prohibir o uso da zona, pero a ser preferible que sexa de uso residencial.
O Concello considera que estas medidas mellorarán a calidade de vida dos veciños desta parte de Lérez, e tamén a seguridade dos pelegríns que a diario pasan por esta parte do Camiño.