Ciclo de Cine infantil. “Os contos no camiño I!

77

Lugar: Sexto Edificio do Museo

Hora: 17 h.

Proxección da película “Os contos do camiño I”, incluída no ciclo de cine infantil organizado pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo de Pontevedra.

Nove curtametraxes: A bruxa regañadentes, A cousa que máis doe do mundo, A grande viaxe, A pota que trota, A tartaruga que quería durmir, Corre corre cabaciña, Pedra, Pau e Palla, Rato Tom e rata Tomasa, Un gato na árbore.

O divertido periplo da pota que trota, as dificultades dunha tartaruga para poder durmir ou as peripecias dunha familia para rescatar un gato dunha árbore son algunhas das aventuras adaptadas coa técnica de animación stop-motion.