Contacontos con Bea Campos, de Migallas Teatro

77

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Hora: 18 h.

Entrada: de balde, ata completar aforo

Contacontos “Que risa Tía Luisa: contos para escachar coa risa”, a cargo de Bea Campos. Divertida sesión onde se mesturan os contos tradicionais e os de autor onde poderemos gozar de  historias de nenos pillabáns señores resabidos e lobos desdentados. Destinado a nenos/as a partir de 3 anos, na sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”.