FEST! II certame de bandas do Local

47

Fest! II Certame de Bandas do Local de Música de Pontevedra. Oito grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo. Un xurado concederá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual por valor de 1000 €. O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade. O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado.

+info. e bases do concurso n localdemusicapontevedra.nos.gl