Melloras para a estrada do Campo da Porta, na parroquia de Salcedo

32

O concelleiro delegado da parroquia de Salcedo, Demetrio Gómez mantén esta tarde unha reunión cos veciños do Campo da Porta, na parroquia de Salcedo, para abordar as necesidades do principal viario desta zona da parroquia que está a ser asfaltado pola Xunta de Galicia.
Os traballos da Xunta consisten só no asfaltado da pista, pero os veciños reclaman a canalización de augas pluvias para que non discurran pola estrada e non vertan nas súas vivendas.
Os técnicos municipais xa se desplazaron á zona e analizaron a problemática sobre o terreo, polo que a proposta do concelleiro Demetrio Gómez será a de canalización das augas pluviais, e tamén o calmado do tráfico, agora que a pista pode ser propicia para velocidades elevadas.