“Luis Seoane: artista e editor”

63

Lugar: Galería About Art

Horario: de martes a venres, de 11 a 14 e de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11 a 14 h.

Con título "Luis Seone: artista e editor", a galería About Art de Pontevedra presenta unha curiosa exposición gráfica, bibliográfica e documental sobre Luis Seoane, composta por unha trintena de exemplares, na súa maioría primeiras edicións de libros editados e ilustrados por Luis Seoane durante a guerra civil e no exilio, principalmente. Son series limitadas e que van dos anos 30 aos 70, numerados na súa maioría e moitos deles presentan no seu interior debuxos inéditos de Luis Seoane a toda plana, ademais de dedicatorias ou outras curiosidades.

A mostra bibliográfica acompáñase de obra orixinal realizada polo autor en Arxentina. Entre os "tesouros" documentais desta mostra, estarían, entre outros, o primeiro libro ilustrado e realizado por Luis Seoane en 1937, "Trece estampas da traizón"; ou "O que fixeron en Galicia", publicado en París en 1937 de xeito clandestino e con pseudónimo, ou o "Segundo Libro de Tapas", editado en 1957 nunha tirada limitada a 35 exemplares, que presenta un debuxo orixinal a toda plana con dedicatoria autógrafa do artista.

Todas as obras proveñen de coleccións privadas e destacan pola súa orixinalidade e baixos prezos de venda. Sen dúbida, unha interesante oportunidade para adquirir obra orixinal e exclusiva de Luis Seoane.

Máis información en www.aboutart.es