Incidencias sobre a mobilidade durante o Desfile do Entroido do sábado

66

Nesta fin de semana, o concello de Pontevedra entra de cheo no entroido. A Policía Local advirte das distintas incidencias sobre a mobilidade que se producirán este sábado, 9 de febreiro, coa celebración do Desfile do entroido.
• Prohíbese estacionar a partir das 08.00 horas na rúa Xosé Malvar.
• A partir das 12.00 horas, prohíbese o estacionamento en Loureiro Crespo e Benito Corbal
• Ás 15.30 horas procederase ao corte da rúa Xosé Malvar.
• Ás 16.30 horas cortarase a circulación nas vías: Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda e Echegaría, por onde discurrirá o Desfile de entroido.
• Arredor das 20.00 horas, apertura das rúas pechadas ao tráfico.