O galego chega doutros mundos até Cambados

65

A exposición O galego tamén noutros mundos poderá visitarse no CEIP Santo André (Cambados) do 11 ao 28 de febreiro, grazas á cesión desta exposición por parte da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. A exposición chega a Cambados dende o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, onde estivo exposta desde o 28 de xaneiro.
O galego tamén noutros mundos consta de trece paneis nos que se trata a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidade; esta idea transmítese mediante 11 paneis:
• Panel 1: portada
• Panel 2: introdución
• Panel 3: O galego, a lingua dun reino
• Panel 4: Unha lingua internacional
• Panel 5: Unha estadounidense, poeta en galego?
• Panel 6: Unha lingua emigrante e exiliada
• Panel 7: O mundo en galego
• Panel 8: Conectados/as á rede
• Panel 9: Galician sounds
• Panel 10: Podo estudar galego en Budapest?
• Panel 11: A nosa lingua unha marca de calidade
• Panel 12: Falantes orgullosos/as
• Panel 13: O galego tamén no meu mundo

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer de balde exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.

As exposicións da Concellaría de Normalización Lingüística, están á disposición de calquera colectivo que as solicite: centros educativos, asociacións e outras entidades interesadas na dinamización e promoción do uso do idioma galego.