Reunión preparatoria para unha nova edición de Noites Abertas
51
A Concellaría de Xuventude celebra mañá xoves, 7 de febreiro, a partir das 20.00 horas a habitual reunión preparatoria de Noites Abertas 2013 entre os axentes que participarán nesta edición. Á reunión asistirá o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, e celebrarase no salón de actos do Pazo da Cultura.
Están convocadas a esta reunión 20 asociacións colaboradoras: Arco Teucro, Asoc. Astronómica Rías Baixas, Asoc. Cultural Black Box Project, Asoc, Cultural N´allada, Asoc. Trépia, Asoc. Danz´it.es, Asoc. Drosera Morcegos de Galicia, Asoc. Dusambá, Asociación Lareira Global, Asociación Galega de Percutas OMAR, CAFyD. Clube Deportivo CC. da Actividade Física e do Deporte, CCANVIHAR, C.E.D. Cotobade, Cine Club, Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra, Esbozos Asociación Xuvenil e Cultural, Escola Xadrez Pontevedra, Greenpeace España, Llu Llu Teatro e Vailoporío.
Así mesmo, as 13 empresas: Abrakadabra, Anias, animación sociocultural, Estouche Ben! Centro de Terapias, Fogar12Fogar, Risotadas, Ponte Rodas, Etnoga, Patrimonio Cultural, Clínica del masaje, Ventos, estudos ambientais, Vis Global S.L, Nova Xestión Cultural, Proceso Psicología e Ibuprofeno Teatro.
Tamén asistirán os colectivos xuvenís de amigos/as cultura xaponesa, de skaters, o grupo de música Nigerstella, o colectivo Precicla, os que plantexan calceta e ganchillo, o I Torneo de “Magic the Gatering”, relaxando corpo e mente, long board, maxia e ilusionismo.
Por outra banda tamén mozos e mozas que impartirán actividades de xeito individual e que deron o paso no programa de ir máis alá da mera participación nas actividades e agora son eles/as os/as que organizan algúns dos obradoiros máis demandados.
Esta reunión preparatoria ten como obxectivo coordinar a todos os actores que participan en Noites Abertas e facelos partícipes do seus propósitos: ofrecer espazos de lecer e divertimento ao colectivo de mozos e mozas. As idades ás que vai dirixido van dende os 12 aos 30 anos.
Este proxecto está apoiado como cada ano polo Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade cunha subvención de 76.190€, o segundo ano consecutivo onde o programa recibe a máxima subvención dos 14 anos de existencia.
A oferta inclúe unha vez máis, actividades deportivas, culturais, formativas e diversos obradoiros denominados "especiais". Actividades que están organizadas e impartidas, maiormente, por mozos e mozas que presentaron as súas propostas tras a convocatoria aberta pola Concellaría de Xuventude no mes de outubro e á que este ano se presentaron 182 propostas (72 máis ca no anterior) das cales saíron 89 actividades distintas.