Pontevedra acolle a programación xuvenil europea Youth in action

45

O Concello de Pontevedra acolleu esta mañá a presentación das accións People of the sea e Fusión Percusión incluídos dentro do programa xuvenil europeo “Youth in action” co que colabora a Concellaría de Xuventude, que xestiona Demetrio Gómez. Xuventude en acción é un programa creado para os mozos da Unión Europea para infundir o sentido da cidadanía europea activa, solidaridade e tolerancia entre a xuventude europea, así como implicalos á hora de modelar o futuro da Unión.
Este programa promove a mobilidade dentro e fora dos límites da UE, a aprendizaxe no formal e o diálogo intercultural. Tamén fomenta a empleabilidade a inclusión de todos os mozos independentemente do contexto educativo, social e cultural do que procedan.
As dúas accións concedidas en Pontevedra e que se desenvolverán na cidade son: People of the sea organizada pola Asociación Galega da Formación do Profesorado; e Fusión Percusión que organiza a Asociación Galega de Percutas OMAR.
People of the sea é un intercambio entre mozos galegos e chipriotas do 10 ao 18 de febreiro no Cidade Infantil Príncipe Felipe. É un intercambio con 15+1 mozos chipriotas con 15+1 mozos galegos donde convivirán durante oito días nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe. O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaranse actividades como a búsqueda e solución do desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos, a música tradicional así como compartir experiencias e tradicións típicas de cada país. Deberán convivir cunha lingua vehicular que será o inglés e coa presenza de titores, un de Chipre e outro de Galicia.
Para o día 14 está prevista unha xornada informativa a partir das 11.00 horas na Cidade Infantil Príncipe Felipe na que intervirá o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez para informar das políticas de xuventude do Concello.
Tamén asistirán outras autoridades para falar das políticas promovidas dende a súas institucións a prol da xuventude. Estarán representantes da Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Xuventude; a Deputación provincial; coordinadora da Unesco en Galicia; a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro; o vicerreitorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo; e o director do Conservatorio de Música Manuel Quiroga.
A charla rematará arredor das 12.50 horas cunha actuación de percusión.
A segunda acción Fusión Percusión celebrarase de febreiro a setembro deste ano. A idea principal deste proxecto é crear un espazo de mozos de encontro musical no que o eixo vertebrador é a percusión. As actividades principais deste proxecto son reunións semanais para a organización de actividades, curso de música africana, curso de música brasileña (estilo Salvador de Bahía), realización de concertos en eventos populares galegos, actividades de evaluación a finalización do proxecto. Os destinatarios son mozos entre 15 e 30 anos.
O obxectivo final desta segunda acción é a creación dun grupo de música de percusión estábel para futuras contratacións.