Peche parcial da rúa Sequiña para probas de carga na ponte de Valdecorvos

51

A empresa que executa as obras do Tren do Eixo Atlántico ao seu paso pola cidade realizará mañá unha proba de carga da ponte sobre a rúa Sequiña (que une José Malvar con Valdecorvos) o que obrigará a pechar un carril de tráfico dende as 18.00 horas de mañá até as 06.00 horas do xoves.
A empresa regulará o tráfico con pasos alternativos, segundo informou á Policía Local que confía en que esta restricción non afecte demasiado ao tráfico ao ser mañá, 13 de febreiro, festivo en Pontevedra e a pecharse o tráfico esencialmente de madrugada.