A Concellería de Educación apoia o acto en favor do Ensino Público convocado por Fanpa-Pontevedra

73

O concelleiro de Educación, Agustín Fernández, participou no acto de apoio ao Ensino Público que convocou a Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa-Pontevedra). A escritora Fina Casalderrey leu unha declaración e colocouse unha pancarta no extremo da rúa Michelena, a carón do vello edificio da Casa do Concello.

O acto deu pé á I Festa do Ensino Público baixo o lema "Por un ensino público de calidade". A protesta contra a última reforma educativa estivo moi presente.

Fanpa-Pontevedra, a través do seu presidente, Alberto Pita, convidou ao acto a todos os claustros e directivas das asociacións de nais e pais. Tamén asistiron decenas de cidadáns a título particular, que quixeron sumarse á convocatoria realizada dende a federación.