A Xunta pode facer uso dos terreos para construír o edificio da Parda, cando quiera

42

O concelleiro de Patrimonio, Vicente García Legísima explicou esta mañá que a Xunta de Galicia ten a súa disposición os terreos da Parda para a construción do novo edificio xudicial dende o pasado 21 de outubro de 2012, cando o Concello rematou o proceso expropiatorio destes terreos co pago das actas de cada unha das parcelas.

Legísima explicou que esta colaboración entre a Xunta e o Concello está regulado pola sinatura dun convenio de maio de 2010 na que o Concello se comprometía a elaborar un PERI onde se levantará o edificio e tamén a expropiación dos terreos que se retrasou no tempo polas obras de construción da nova ponte da Parda, o que obrigou a clarificar cales serían os terreos expropiados por Adif, e cales entrarían dentro do proceso expropiatorio que comezou a mediados de 2012.

O concelleiro de Patrimonio asegurou que a expropiación fíxose moi rápida e culminou o 21 de outubro cando se pagaron os terreos até conformar unha parcela de 6.500 metros cadrados, aproximadamente.

Dende ese momento, o Concello comezou as tramitacións para poñer as parcelas a nome do Concello. Un trámite que rematará proximamente, e no que existiron algunhas incidencias como o descubrimento dunha das parcelas de propiedade municipal que non se atopaba dada de alta no Rexistro da Propiedade dende o ano 1997. O Concello está a espera de que o Rexistro da Propiedade dé de alta estas propiedades, para poder elevar a escritura pública a cesión dos terreos á Xunta, un trámite que se fai ante notario.

"O Concello cumpriu sobradamente o convenio, nalgo que outras cidades non están colaborando e co que o Concello de Pontevedra non tería obriga. Por iso, algo que se fai ben e dilixentemente non me parece de recibo que se reciban críticas", asegurou Vicente García Legísima, quen reiterou que os técnicos municipais traballan con frecuencia cos da Xunta neste tema da Parda, sen maiores problemas. "Comprendemos que poida existir problemas de liquidez, pero non admitimos críticas cando se cumpre fielmente o que se está facendo dende o Concello", concluíu o concelleiro.