O Local Social do Burgo, pendente de reparar deficiencias antes acondicionalo

70

O concelleiro responsábel da área urbana, Luís Bará visitou esta mañá o Local Social do Burgo que estará situado na segunda pranta do campo de fútbol de Pasarón, na esquina sur da instalación deportiva. Acudiu en compañía de técnicos municipais e de directivos da Asociación sociocultural do Burgo, que terá espazo neste local de 274,14 m2.
O local ten disposición en forma de ele e contará con diversos espazos comúns como unha sala de reunión con cabida para unas 80 persoas, despachos, asesos, puntos de lectura, espazos para obradoiros con fregadoiros, entre outras instalacións.
Na actualidade este espazo atópase sen acondicionar, pero o Concello de Pontevedra habilitou sendas partidas de 40.370 euros e 42.075,93 euros para executar diversas obras e instalación de mobiliario, respectivamente, o pasado mes de novembro. Os máis de 80.000 euros están retidos porque o campo aínda non foi recepcionado polo Concello e, polo tanto, aínda no se poden executar estas obras nin colocar o mobiliario.
Ademais, segundo constataron esta mañá na visita, o local presenta problemas de carácter constructivo, especialmente importantes son os relativos á entrada de humidades pola fachada da grada de Tribuna.
O concelleiro asegurou que o local non sería recibido polo Concello até que non se solventen estes problemas, polo cales tampouco se poden empezar a realizar traballos de acondicionamento e poñelo a disposición dos veciños na maior brevidade, como é intención do Concello.