O maior e a menor. Ciclo de cine “Masculino-Feminino”

65

Lugar: Casa das Campás

Hora: 19:30 h.

Ciclo de cine “Masculino-Feminino”. Proxección do filme O maior e a menor (The Major and the Minor), dirixido en 1942 por Billy Wilder.

Unha rapaza de 20 anos, fuxindo do acoso dos homes en Nova York, quere volver á súa casa de Iowa. Gardou sempre 27,50 dólares con esta finalidade: a viaxe de regreso á casa. Pero o prezo do billete de tren subiu de prezo. Desesperada, quere renunciar xa á viaxe, cando oe e ve como unha nai compra un billete a metade de prezo para a súa filla, menor de 13 anos, corre aos lavabos, convértese nunha nena de doce anos e na estación ofrécelle un home que está sen un céntimo que se faga pasar polo seu pai, e pronto está sentada no tren, como unha nena de doce anos.