Lugar: Casa das Campás
Hora: 19:30 h.
Ciclo de cine “Masculino-Feminino”. Proxección do filme O que pensan as mulleres (That Uncertain Feeling), dirixido en 1941 por Ernst Lubitsch.
Un axente de seguros que ama o seu traballo e a vida caseira, ignora, non obstante, que a súa esposa se sente deprimida e abandonada, porque el non adoita mostrarse nin cariñoso nin apaixonado con ela. Cando, para tratar o asunto, decide visitar un psiquiatra, coñece na sala de espera a un excéntrico pianista.