Homenaxe aos voluntarios de Redeaxuda

35

A Concellaría de Benestar Social Municipal organiza esta tarde, a partir das 20.00 horas, no vestíbulo do Pazo da Cultura un acto de homenaxe a todos os voluntarios que durante este ano colaboraron na Redeaxuda e en todas as asociacións e colectivos que forman parte dela.
A homenaxe consistirá nun pequeno ágape así como nun breve concerto da Banda de Música de Pontevedra que gratuitamente agasallará a estes voluntarios, que traballaron arreo durante todo o ano pero, especialmente, na época do Nadal.
Ademais, este ágape estará servido polos usuarios de Redeaxuda e Servizos Sociais que recentemente participaron nun curso de manipulador de alimentos. É a súa forma de agradecer a colaboración solidaria da sociedade pontevedra.
Están convocados arredor de 80 persoas de todo o entramado de Redeaxuda: asociacións que a integran, colectivos parroquiais colaboradores, membros das asociacións de discapacidade…
O Concello estará representado polo alcalde e a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces.