Pontevedra pecha o entroido coas Xornadas sobre o entroido de Galiza

39

O Concello de Pontevedra pon fin ao entroido oficialmente esta semana coas Xornadas sobre o entroido de Galiza que se celebrarán o mañá e o venres, na Casa das Campás, a cargo da Sociedade Antropolóxica Galega.
O xoves 21 a partir das 17.00 horas inaugurarase a exposición “Entroido de Galiza”, que estará aberto até as 21.00 horas, e tamén o vernes no mesmo horario.
Tamén o xoves, a partir das 19.00 horas están previstos os relatorios de Antonio Vázquez sobre “O entroido urbano en Pontevedra”; José Ángel Rodríguez que disertará sobre “O entroido en Vilaboa, madamas e galáns”, e Miguel Losada que falará sobre “O entroido en terras de Ourense”.
O venres, os relatorios trasládanse á planta baixa da Casa das Campás onde a pé de exposición Nelson Salgado, artesán, explicará como se fabrica unha máscara de Cigarrón; e Benito Salgado (Cigarrón) falará do traxe de Cigarrón.