Comezan as obras de acondicionamento no primeiro tramo da avenida de Lugo

50

O Concello de Pontevedra iniciou esta mañá os traballos de acondicionamento da avenida de Lugo entre a rotonda que une a avenida de Lugo, con Xoán Carlos I e Carrasqueira até a subida ao centro de ensino Vilaverde, en Mourente. O orzamento desta obra ascende a 75.969 euros.
O obxecto desta actuación que se executa só na marxe de saída da cidade, é mellorar a seguranza viaria neste ámbito dado que se trata dun espazo con moito tránsito de vehículos e tamén de peóns, especialmente, nas cercanías ao centro escolar. Tamén pretende mellorar a accesibilidade para que poida ter iguais condicións de acceso para todos os peóns, que en moitas ocasións tiñan que entrar dentro da estación de servizo que hai na zona para poder circular por este entorno. As melloras redundarán na mobilidade peonil na avenida de Lugo complentando os circuítos peonís até a rotonda de Montecelo, en condicións de seguridade e accesibilidade.
Os traballos consisten na creación dunha grande beirarrúa que una a rúa Carrasqueira coa subida ao centro de ensino de Villaverde, diferenciando as entradas e saídas aos viarios que haxa no lugar así como sinalizando os accesos á estación de servizo que na actualidade son moi irregulares.