Noites Abertas 2013

72

Como as mozas deste tempo é activa, alegre, dinámica e, sobre todo, solidaria e comprometida.

Aos seus catorce anos, Noites Abertas apostou por unha imaxe máis dura que reflicta sen medo os intereses dela e da súa xeración. Non lle importa moito non lle gustar aos “vellotes”, xa que prefire estar a gusto cos mozos e mozas.

Ela ten tamén unha App que é o seu novo acceso ás redes sociais: que moza de hoxe non quere estar sempre conectada e localizada polo seu círculo de amizades?

Noites aínda ten moitos intereses variados e ningunhas ganiñas de se centrar nun único campo de traballo. Como é unha moza con cabeciña sabe que lle queda moito por aprender: quen quere participar só nas actividades que coñece? Noites Abertas pensa que é moito máis interesante deixarse sorprender, facer novos compañeiros e compañeiras, abrirse á cultura do país e do resto do mundo. .E practicar deporte e mirar ás estrelas e probar novos sabores . . . e ela que sabe cantas cousas novas.

E Noites Abertas é unha moza que naceu galega e sabe que só nós podemos agasallarlle ao mundo o noso idioma. Amole a quen amole ela fala galego con todos e con todas.

E sobre todo, Noites Abertas quere que participes, que loites, que te reveles, que aproveites a túa cidade con ela.

Consulta toda a programación e calendario de actividades no documento adxunto e en www.noitesabertas.com

Ver documento PDF