Campaña de sensibilización ambiental Yes, we can

77

A Concellaría de sanidade animal, que dirixe Miguel Filgueira presentou esta mañá a campaña de sensibilización ambiental “Yes, we can” que pretende incidir sobre o abandono animal, fomentar o coidado responsable das mascotas facendo fincapé na recollida de excrementos, divulgar e fomentar a identificación dos cans colocándolles un microchip identificativo. O Concello conta coa colaboración das protectoras e asociacións en defensa dos animais Os Palleiros, Adopcións Galicia e Difusión felina nesta campaña.
Vai dirixida á población en xeral, pero terá unha especia incidencia no ámbito rural xa que é nesta zona onde máis abandonos se producen e falta de identificación dos animais.
O concelleiro Miguel Filgueira explicou que a campaña implica a publicación dun bando informativo que recompilará a normativa sobre o coidado de animais domésticos.
Tamén se iniciará unha campaña de identificación aberta a toda a población, pero especialmente dirixida á población rural. Contando coa colaboración dos veterinarios locais, faranse en lugares apropiados en cada parroquia, xornadas de microchipado a prezos económicos. Para iso, será preciso unha inscrición previa no teléfono 986 80 41 00 ext 7583. A campaña comezará arredor do 15 de marzo, pero as persoas interesadas poderán inscribirse dende o luns neste número.
Dende a Concellaría deféndese o microchipado porque fomenta a tenenza responsábel evitando posibles abandonos, facilita a recupación de animais extraviados ou roubados, e axuda a garantir un control sanitario da poboación canina, pero a día de hoxe aínda existe unha porcentaxe importante de animais sen identificar.
A campaña implica realizar xornadas de educación ambiental nos centros escolares, outra de exhibición de adestramento de cans que foran abandonados, e un día de adopción.

 

Ver documento PDF
Ver documento PDF