Grande éxito de participación na primeira sesión de Noites Abertas

42

A primeira sesión de Noites Abertas resultou todo un éxito, cunha grande complicidade e compañeirismo entre todos os participantes e usuarios desta oferta xuvenil do Concello de Pontevedra que xestiona a Concellaría que dirixe Demetrio Gómez. Nesta 13 edición, o Departamento puido constatar que os mozos xa inclúen as ofertas de lecer e formativas de Noites Abertas como un elemento máis do seu ocio da fin de semana.
Nesta primeira fin de semana participaron 347 rapaces e fixéronse sorteos nos obradoiros de Gallegas Decoradas, A cociña de Frida Khalo, Fútbol Sala.
As prazas completáronse en Defensa persoal-Hapkido, Taichí e Batería; e o resto contaron cunha importante asistencia.