Aprobación inicial da Ordenanza reguladora da actividade de furanchos e loureiros no concello de Pontevedra

45

Aprobada inicialmente polo Pleno deste Concello na súa sesión do 26.02.13 a Ordenanza reguladora da actividade de furanchos e loureiros no concello de Pontevedra, sométese o expediente, de conformidade co sinalado no art. 49 da Lei 7/1985, a exposición pública, para que por quen se consideren interesados podan presentarse as alegacións ou suxestións que se entendan oportunas.
A tal efecto, o prazo para exame do expediente e presentación de alegacións é de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da presente publicación.
De non presentarse reclamacións en prazo e de acordo co referido precepto, a Ordenanza considerarase definitivamente aprobada, entrando en vigor logo da súa publicación íntegra e o transcurso do prazo establecido no artigo 65.2 da devandita Lei 7/1985, segundo dispón o art. 70.2 do mesmo texto.

Pontevedra, 26.02.13.
O SECRETARIO XERAL DO PLENO.

Ver documento PDF