Colaboración anual coa Banda de Música de Pontevedra

26

O Concello de Pontevedra ratificou esta mañá a súa colaboración anual coa Banda de Música de Pontevedra nun convenio asinado entre o alcalde e o presidente desta entidade musical, que recibirá 162.000 euros para seguir promovendo a música orquestral na cidade e colaborando co Concello nas múltiples actividades culturais e festivas que se fan ao longo de todo o ano.

Dende a Banda de Música destacouse a importancia desta colaboración para poder seguir medrando, especialmente, de cara ao exterior onde esta agrupación está sendo todo un referente.