O Concello solicita á Xunta un millón para manter os Servizos Sociais

41

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o expediente de Servizos Sociais para dotar de persoal e contido o servizo de cara ao vindeiro ano. Esta solicitude será enviada á Xunta de Galicia para que conceda consignación para manter o servizo, tal e como lle corresponde por lei.

As estimacións de Servizos Sociais é que o custe de todo o persoal e a programación deste ano ascenderá a 1.803.000 euros, dos cales o Concello solicitará á Xunta 1.010.000 euros, é dicir, o 56% da programación. O resto procederá dos fondos municipais, o que amosa o claro compromiso do Goberno local por este servizo, capital nos momentos de crise que está a atravesar a sociedade, segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González.

Dende o Goberno Local se confía en que a Xunta achegue esta contía para poder seguir mantendo as características do servizo, máxime tendo en conta que os Servizos Sociais son unha competencia impropia das administracións locais.