Os alumnos do Club de Debate elaborarán o manifesto do Día da Muller

44

 A Concellarías de Muller e Normalización Lingüística colaboran nesta edición do Día da Muller, implicando a todo o alumnado que participou no Club de Debate que serán os encargados de elaborar o manifesto oficial do Concello do día 8 de marzo.
Este manifesto lerase publicamente o día 9, pola mañá, durante os actos de conmemoración que se celebrarán na rúa e nas galerías da Oliva.