As obras de emerxencia en Concepción Areal trasládanse á rúa Xofre de Tenorio

76

Continuando cos traballos do Plan de emerxencia no contorno da praza e glorieta de Concepción Areal, as obras trasladaranse este luns, 4 de marzo, á rúa Xofre de Tenorio. A partir das 08.15 horas abrirase a rúa Xeneral Martitegui, onde se estivo a traballar durante toda esta semana, e a partir das 10.00 horas do mesmo luns pecharase a rúa Xofre de Tenorio, até o seguinte luns, 11 de marzo.
O Plan de emerxencia activouse en xaneiro para reparar diversos espazos peonís na cidade que se viron moi afectados polos temporais de chuvia dos meses de novembro e decembro. Nestas semanas investíronse máis de 162.000 euros que serviron para substituir lousas defectuosas e, incluso, panos enteiros de paseos peonís en zonas de elevado tránsito.