O Concello inicia a campaña de chipeado de cans o vindeiro 15 de marzo

64

A Concellaría de sanidade animal que xestiona Miguel Filgueira presentou esta mañá a campaña de chipeado entre cans, incluída dentro da campaña de sensibilización ambiental Yes, we can, que pretende incidir sobre o abandono animal, fomentar o coidado responsábel das mascotas.
A Concellaría estivo en contacto con todas as clínicas veterinarias do concello, e dúas aceptaron participar nesta campaña ofertando prezos módicos para o chipeado dos cans por 25 euros. A pretensión é estender a campaña na zona urbana, pero especialmente no ámbito rural onde se produce máis este fenómeno.
As persoas interesadas en participar nesta campaña poderán inscribirse no número da Concellaría de Medio Ambiente no teléfono 986 80 43 00 ext. 7583/84, a ser posible antes do 15 de marzo, cando a Concellaría ten intención de iniciar os chipeados dos cans.
Nesta campaña o Concello conta coa colaboración das protectoras e asociacións en defensa dos animais Os Palleiros, Adopcións Galicia e Difusión felina.
Miguel Filgueira lembrou que esta campaña vai dirixida á poboación en xeral, pero pretende ter unha incidencia especial no ámbito rural xa que é nesta zona onde máis abandonos se producen e falta de identificación dos animais.
A Campaña Yes, we can terá continuidade nas vindeiras semanas con outras actividades como xornadas de educación ambiental nos centros escolares, exhibición de adestramento de cans ou un día de adopción.

Ver documento PDF