Pontevedra expón o seu modelo nas primeiras Xornadas de Mobilidade Sostible da Coruña

49

O Concello de Pontevedra participa este sábado, 2 de marzo, nas primeiras Xornadas de Mobilidade Sostible da Coruña e comarca organizadas pola Plataforma pola mobilidade na Coruña. O Concello de Pontevedra foi convidado a participar neste ciclo para falar das “políticas de mobilidade adoptadas pola cidade do Lérez que foron premiadas co premio a nivel europeo Intermodes 2012. A recuperación de espazos perdidos polo peón a favor do vehículo privado descubriu un novo modelo de cidade na que o peón e a bicicleta van gañando protagonismo”, segundo recolle o propio programa.
Será o concelleiro de Mobilidade, César Mosquera o encargado de participar nesta xornada, que a partir das 12.00 horas falará do modelo de cidade de Pontevedra, como se foi conformado e a súa evolución. Tamén está convidado a estas xornadas o Concello de Vitoria.
Segundo recolle a súa propia páxina web, “a Plataforma pola Mobilidade naceu no 2011 co ánimo de abrir un espazo de
reflexión e de debate constructivo sobre políticas de mobilidade e transporte urbano
 na cidade e comarca da Coruña.
 Un dos obxectivos de traballo que consideramos clave é a formación e a difusión de 
ferramentas, análises e casos de éxito de diferentes iniciativas vencelladas ó transporte de persoas dunha forma sustentable e respetuosa co medio e cos propios 
cidadáns”.