XXIII Festa do Caldo Galego de Mourente

82

Sábado 8 de marzo:

Ás 12:30 h. Imposición de capas e medallas aos novos cabaleiros e damas da Orde do Caldo, ao carón do carballo centenario, no atrio da igrexa de Santa Margarida. Nesta edición serán nomeados Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra; Agustín Fernández, concelleiro do Concello de Pontevedra; Juan Luis Sobrino, director da Escola Naval Militar de Marín; Fernando Silva, profesor da Universidade de Porto; Jacobo Míguez, secretario da Asociación O Castro; Piar Gómez Vergutini, a cantante María do Ceo e a empresaria María Posada. Ademais, este ano o veciño homenaxeado será José Iglesias Salmón, que recibirá o pote de prata en recoñecemento á colaboración prestada á Asociación de Veciños O Castro, organizadora do evento. Os confrades visitarán o monumento ao caldo, nunha xornada que se despedirá coa actuación de dúas orquestras.
 

Domingo 9 de marzo:

 A XXIII edición da Festa do Caldo de Mourente comezará ás 13 h. coa lectura do pregón a cargo do presentador de televisión Xosé Manuel Piñeiro. A continuación terá lugar a degustación, que se levará a cabo no campo da festa de Os Areás. O caldo servirase nunha cunca de barro serigrafiada que custará 2 € e poderase repetir prato as veces que desexen. Tamén haberá un segundo prato, consistente nunha cazola de barro que custará 5 € con orella, tenreira, lacón, touciño entrefebrado, chourizo, grelos, pataca e pan, ademais dos cubertos.