O alcalde reúnese coa Confraría de Lourizán

44

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá á Patrona Maior da Confraría de Pescadores de Lourizán coa que fixo un repaso das obras de canalización de augas residuais no concello de Pontevedra que acaban na ría. Trátase dunha preocupación fundamental para a Confraría dado que este tipo de residuos -procedentes de Pontevedra, Poio e Marín- manteñen o banco marisqueiro do fondo da ría de Pontevedra en calificación C, cando o desexo dos traballadores do mar é conseguir a calificación B ou, incluso, A.

O alcalde explicoulles que o único verquido (de certas dimensións) que aínda non está controlado é o relacionado coa construción do colector do río Gafos que recolle as augas residuais da zona sur do Concello. Trátase dunha obra incluída dentro do convenio de saneamento asinado entre o Concello e a Xunta, que lle compete executar ao Goberno autonómico. Xa estivo adxudicada pero na actualidade está paralizada.

Segundo Lores, unha vez canalizado este verquido pódese considerar que o 100% das augas residuais do Concello de Pontevedra estarán controladas e tratadas, a expensas de pequenos verquidos incontrolados que poidan aparecer.