O Marcos da Portela e o Torrente reciben dúas exposicións de Normalización

70

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer de balde, a calquera colectivo que as solicite, exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.
A partir do venres estarán cedidas estas dúas:
⁃ O galego tamén noutros mundos poderá visitarse no CEIP Marcos da Portela do 8 ao 22 de marzo.
⁃ Castelao e nós estará no IES Torrente Ballester tamén do 8 ao 22 de marzo.

O galego tamén noutros mundos consta de trece paneis nos que se trata a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidade; esta idea transmítese mediante 11 paneis:
• Panel 1: portada
• Panel 2: introdución
• Panel 3: O galego, a lingua dun reino
• Panel 4: Unha lingua internacional
• Panel 5: Unha estadounidense, poeta en galego?
• Panel 6: Unha lingua emigrante e exiliada
• Panel 7: O mundo en galego
• Panel 8: Conectados/as á rede
• Panel 9: Galician sounds
• Panel 10: Podo estudar galego en Budapest?
• Panel 11: A nosa lingua unha marca de calidade
• Panel 12: Falantes orgullosos/as
• Panel 13: O galego tamén no meu mundo

Castelao e nós é unha mostra, promovida pola AS-PG co patrocinio da Fundación Castelao e Concello de Pontevedra, que está formada por 40 paneis de 42x60cm. Na exposición repásanse con textos e debuxos de Castelao temas como a economía, a emigración, a lingua, o nacionalismo, a guerra do 36, o antimilitarismo e as institucións.