Plantacións de noventa carballos, loureiros e abeleiras na senda do Lérez

66

A Concellaría de Parques e Xardíns comezou onte a plantación de especies de ribeira na senda do Lérez, á altura da avenida de Bos Aires, no entronque coa senda de madeira de Monte Porreiro.
Nesta zona, este departamento municipal realizou talas dalgúns exemplares que tiñan comprometida a súa estabilidade (o sistema radicular estaba no aire ao estar sobre un noiro) ou presentaban un mal estado sanitario. É habitual que en épocas de temporais, estas árbores cedan e acaben perxudicando a senda peonil ou, incluso, invadan a avenida de Bos Aires, cos conseguintes perigos para os peóns e condutores.
As plantacións son de especies propias de ribeira para continuar co bosque de ribeira que se debe conservar nun espazo LIC como é o Lérez. Carballos, loureiros, abeleiras son as árbores escollidas, e plantaránse un total de noventa exemplares nos vindeiros días.