Teatro denuncia no Día Internacional da Muller Traballadora

61

O Concello de Pontevedra aposta nesta ocasión por unha postura reivindicativa da figura da muller e de denuncia da situación actual da muller con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, que se celebra mañá 8 de marzo. A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces presentou esta mañá a programación creada polo Concello para esta ocasión:
• Hoxe pola tarde, ás 20.00 horas na Casa das Campás. A Asociación de Mulleres Cristiás Galegas e de Xeria que proxectará a longametraxe “Señora de…” premio na sección histórica na mostra de cine de Valladolid.
• 8 de marzo. 19.30 horas. Praza 8 de marzo. Lectura do manifesto do Concello de Pontevedra con motivo do Día da Muller Traballadora. O manifesto foi eleborado (e será lido) por todos os estudantes que participaron no Club de Debate 2013.
• 8 de marzo. 20.00 horas. Teatro Principal. Representación a cargo do grupo de teatro afeccionado Avelaíña “Maríacastaña”. Entrada 3 euros.
• 9 de marzo pola mañá. Acción de rúa “Escaparate de xénero” desenvolta pola compañía Chevere. Son pequenas representacións teatrais (de 10 ou 15 minutos) en escaparates das rúas Michelena, Oliva, Peregrina e Soportais, co propósito de visibilizar a situación da muller.