Volve o Galegote Rock o vindeiro abril

70

A Concellaría de Normalización presentou esta mañá a segunda edición do Galegote Rock que se celebrará o vindeiro mes de abril na Sala Karma da cidade.
Demetrio Gómez, responsábel desta carteira municipal destacou esta mañá na presentación do programa a importancia da colaboración coas empresas locais para contribuir a dinamizar a economía local “e porque é un dos espazos onde máis falta fai a promoción da lingua”. E tamén subliñou a importancia de apoiar “a toda unha escea de música independente que se fai en galego e que ten moitas dificultades de chegar aos circuítos comerciais”.
A festa de presentación do Galegote Rock será o vindeiro 5 de abril na Sala Karma actuarán O neno Elliot e Os amigos dos músicos.
Os concertos do Galegote Rock serán:
• Xoves 11 de abril. Pequeno Karma. Roger de Flor e O Marqués das Vinñas (de balde).
• Venres 12. Sala Karma. Terbutalina, Martelo e Roxy Freire
• Sábado 13. Sala Karma. Ataque Escampe e Fervellasverzas.
A organización prevé abonos para a asistencia a toda a programación ou aos concertos:
Abono presentación + concertos: 12 euros
Abono concertos: 8 euros
Abono por día: 6 euros
Festa de presentación: 5 euros.
A venda anticipada será en La Casa Winchester, Rei Zentolo, Pequeño Karma e www.entradasgo.com ou www.ticketea.com