Comeza a rodaxe da serie web Clases de lo social

66

Os creadores da curtametraxe “Unhas clases do social a tempo”, Pablo Cacheda e Pablo Fernández, poñen á cidade de Pontevedra de novo frente ás cámaras co proxecto Clases de lo social, unha webserie formada por cinco capítulos que verá a luz no escaparate dixital.

Os exitosos resultados acadados coa curta, fixeron posible esta prolongación cara un traballo moito máis ambicioso no que contarán coa participación de caras que repiten no proxecto, como é o caso de Carlos Blanco, no papel de profesor ou Santi Romay, protagonista da historia; e moitas outras novas entre as que destacan Avelino González, Monti Castiñeiras, Xulio Abonjo e Sabela Arán.

A rodaxe terá inicio o xoves 14 de Marzo e prolongarase durante unha semana, na que se percorrerán diversas localizacións emblemáticas da cidade do Lérez.

Asimismo, o venres día 15, ás 20.30 h. o actor arousano Carlos Blanco, colaborando coa webserie, poñeralle fin á xornada de rodaxe có seu monólogo no IES Sánchez Cantón, un dos escenarios de gravación. As entradas xa están á venda e pódense adquirir en diferentes locales comerciais da cidade.