“O soldadiño de Chumbo”

41

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra

Hora:

As 10 h. e ás 12 h. Aforo concertado con colexios.

Ás 18:30 h. Prezo: 3 €. Venda de entradas no Pazo da Cultura dende unha hora antes do comezo da función.

O soldadiño de Chumbo é unha historia de aventuras onde se enfrontan o poder, a inocencia e o amor, este conto relata a verdadeira historia do mal, e é o amor, un amor verdadeiro e firme e non exento de humor, o que sae vencedor cun fermoso e explosivo final.

O soldadiño de chumbo é un delicioso conto que cautivará a imaxinación de nenos e adultos. Con este espectáculo pretendemos facer unha homenaxe a H.C. Andersen compilador deste conto marabilloso plasmándoo nun espectáculo de mediano formato.

Baobab Teatro levará este conto clásio á escena despois dunha ardua tarefa de investigación e documentación. Ao longo desta obra poderemos disfrutar de diferentes técnicas teatrais: teatro de actor, monicreques, etc…

O noso soldadiño de Chumbo Impresionará pola calidade na súa plásticidade, e a súa fidelidade ao conto orixinal.

Actividades do XIV Salón Internacional do Libro Infantil de Pontevedra. +info. en www.salondolibro.org