Lugar: C.S. En Pé. Rúa Sarmiento, 38.
Hora: 23 h.
Concerto de Güintervan no Centro Social e Cultural En Pé.
Ésta é a Historia de catro músicos profesionais que se xuntaron para tocar o que realmente lles gusta, ca idea a priori de levar o proxecto en paralelo aos outros proxectos musicais.
Güintervan, automaticamente convirtese nun soño feito realidade: tocan o que queren e o público os quere. Disfrutan máis que nunca nos seus concertos. A excéntrica mistura de melodias balcánicas, ritmos máxicos, harmonias infernais velocidade extrema e letras en galego é a seña de identidade do grupo.
A gran potencia e a expresión da voz tenor de Iván van Güinter pon en manifesto un sentimento nas cancións o que so se chega con moitos anos de estudio. Como si esto fose pouco, á vez toca o contrabaixo creando unha firme base na que se asentan as cancións.
Roi Alexandre Van Güinter é un fenómeno que ninguén deberia perderse. Percute a bateria cunha destreza nunca tal vista,. Non deixa a ninguén sentado na sucesión de ritm os, intensidades e velociades ó largo do concerto.
A súa ampla variedade representase en ritmos balcanicos, swing, drum&bass, punk, ska, latino, etc.
Isaac Van Güinter está noutra galaxia. Exquisito do oido, busca sons inexplorados anteriormente para fundilos e crear efectos que que nos transportan o seu mundo de ensoño. Este gran maestro das cordas sorprendenos ca súa guitarra e bouzouki para crear harmonias frescas e pegadizas que xogan e se entralazan ca melodia na que el mesmo moitas veces participa.
Esta melodia ten a súa representación maior en Harry van Güinter, o cal, pese a nacer co violiño entre os dentes e en Londres, tamén interpreta a Gayda como se dun búlgaro se tratase.
As melodias son enrevesadas e a velocidades vertixinosas. A quí é onde Harry demostra que nunca fixo outra cousa que tocar o violiño. A proba de todo o dito está no disco gravado en decembro de 2010, “Mundo Loco”.
Referencias: Quempallou, Macfeck, Aran, Son de Seu, Susana Seivane, Anxo Lorenzo, Faltriqueira, Fuxan Os Ventos, A Roda, Covalblue, Oscar Ibañez, Briganthya e máis.