Lugar: Centro Social Novacaixagalicia Pontevedra. Augusto González Besada, 2.
Horario: de luns a venres de 17:30 a 20:30 h. e os sábados, domingos e festivos de 11 a 14h. e de 17:30 a 20:30 h.
Mostra do pintor marinense Ramón Lorda “Deside”. Baixo o título «Deside. A pintura sen tempo» podemos ollar unha extensa escolma da súa obra, concretamente 31 pezas de entre os anos 1975 e 2000, que nos falan dun dos artistas máis representativos do informalismo galego. Abstracción cativadora.
A pintura de Deside, eminentemente adscrita á abstracción, non deixa por completo á marxe os elementos figurativos que, de feito, aparecen nesta mostra que conta coa cesión de obras procedentes tanto de coleccionistas privados coma do propio artista e do Liceo Casino de Pontevedra. Paisaxes ou bodegóns son dous dos temas que se recollen nela.