Master class de Pigraos, este sábado, no Local de Música

97

O Local de Música acolle este sábado, 16 de marzo, unha Master class a cargo de Pigraos, entre as 17.00 e as 21.00 horas. Impartirase baixo o título “Receitas para especiar a túa música (combo, armonía, estilos, instrumentos…).
Nesta sesión, de carácter gratuíto, explicarase como traballar co funk, blues, composición, harmonía, improvisación, instrumentación…
Por outra bada, dentro da programación do FEST do Local previsto para o 23 de marzo, o xurado escolleu aos seguintes grupos para participar na festa grande o local:
• Gonzalo Arca
• Kaootik
• Nagai
• Thee Blinds Crows
• The Flying Carpet
• Turbolaser
• Voltage
• Vortex
O grupo convidado será The Grave Dolls.